publicidade hoxe

Imputado o presunto autor dun incendio forestal en Xermade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosXermade
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica en Lugo informaron esta mañá da imputación dun veciño do municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez como presunto autor dun incendio forestal por imprudencia en Xermade, Lugo.

O lume que se lle imputa produciuse o pasado 14 de abril na parroquia de Cabreiro, no concello de Xermade, a consecuencia dunha queima realizada de maneira neglixente ao non adoptar as medidas de seguridade preventivas establecidas na lei. As lapas afectaron a unha superficie de 8.000 metros cadrados, 7.000 dos cales eran de monte arborado.

Tanto na extinción como nas labores de investigación foi fundamental a colaboración dos axentes da Brigada do Distrito Forestal X-Terra Chá, que axudaron a que as lapas non se propagasen máis. As dilixencias instruídas neste caso foron remitidas ao Xulgado nº1 de Vilalba.

No que vai de ano, xa son 24 as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados cos incendios forestais en Galicia.

21 de abril de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.