publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferido un adolescente tras precipitarse desde un segundo piso nun centro de menores de Rábade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRábadeSucesos
A-
A+
Europa Press

Un adolescente resultou ferido na noite do martes tras precipitarse desde un segundo piso do Centro de Menores da localidade de Rábade (Lugo).

Os feitos sucederon sobre as 22,49 horas do martes no Centro de Menores situado na Avenida da Coruña, en Rábade, cando, segundo informou o 112, un mozo se precipitou desde un segundo piso.

Tras recibir a alerta dun particular ás 22,49 horas do martes, o 112 Galicia, ademais de pasar aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pediu a intervención da Garda Civil e da Policía Autonómica, que se fixo cargo das dilixencias.

O 061 desprazou ao lugar un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona e unha ambulancia asistencial, que trasladou ao menor ferido o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, segundo indicaron fontes sanitarias.

23 de abril de 2014 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.