publicidade hoxe

Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxíaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Catro persoas resultaron feridas de consideración como consecuencia dun accidente acontecido este venres na localidade coruñesa de Muxía.

   Segundo informaron os Bombeiros da Costa da Morte, o accidente, unha colisión fronto-lateral, tivo lugar preto das 23.30 horas deste venres na estrada CP-2303, na saída de Caberta en dirección Muxía.

   No lugar do suceso, os Bombeiros tiveron que actuar para excarcerar un dos ocupantes, que quedara atrapado no turismo. Os catro feridos, de “bastante gravidade”, foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

19 de abril de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.