Amizade celebra a súa XXI Asemblea Xeral Ordinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A asociación Amizade celebrará mañá, sábado día 26 de abril, no Centro Cultural de Lérez, a súa Asemblea Xeral Ordinaria na que dará conta, diante dos seus socios e socias, das actividades desenvolvidas durante o ano 2013 e presentará o balance económico correspondente a dito ano, así como a proposta de actividades para o exercicio do 2014. Dará comezo ás 11:30h e alongarase aproximadamente unha hora.

Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de “Acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade”. Un obxectivo moi ambicioso no momento da creación da asociación, aló polo ano 1988, pero que lamentablemente segue presente hoxe en día xa que aínda queda moito camiño por andar ata lograr esa integración; para conseguir unha igualdade real entre todos os cidadáns e cidadás. Por isto é polo que Amizade segue existindo, e segue ofrecendo actividades e servizos que melloren as capacidades das persoas. E tamén segue concienciando á sociedade sobre a necesidade de crear contornas inclusivas que acollan á diversidade de persoas que existen, sen discriminación; algo que, se dúbida, enriquecería á sociedade.

A asemblea acudirán ao redor de 30 socios e socias dos 113 con que conta a asociación. Posteriormente, a maioría dos mesmos compartirán un xantar no mesmo Centro Cultural.

25 de abril de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.