A Deputación de Pontevedra destina 150.000 euros á participación de deportistas en competicións nacionais e internacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as bases das axudas que a Administración provincial pon en marcha co obxectivo de facilitar a participación de deportistas pontevedreses en competicións nacionais e internacionais de carácter extraordinario, para o que destinará un total de 150.000 euros.

As axudas destinaranse a financiar a participación nas competicións deportivas que teñan lugar fóra de Galicia tanto a nivel estatal como europeo ou mundial; e poderán acollerse a elas os deportistas individuais e os clubs e entidades deportivas.

Esta nova liña de axudas –que recolle, notablemente incrementada, o orzamento da Gala do Deporte que este ano non se celebrará – vén a dar resposta a unha necesidade reiterada por moitos deportistas, que teñen dificultades para participar en competicións fóra do ámbito galego por problemas para financiar os desprazamentos e os custos da súa participación.

Neste sentido o presidente da Deputación, Rafael Louzán, incidiu en que a Institución “está facendo o que toca neste momento”, que é apoiar os que máis o precisan e favorecer así a presenza dos xogadores pontevedreses nas competicións nacionais e internacionais.

25 de abril de 2014 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.