A Deputación de Pontevedra acondicionará as marxes dunhas 70 estradas da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, na súa Xunta de Goberno desta mañá, o expediente de contratación dos traballos de limpeza e acondicionamento das marxes e beiravías de preto de 70 estradas en toda a provincia de Pontevedra.

Os traballos afectarán a un total de 335 quilómetros e contan  cun orzamento total de 504.000 euros.

As actuacións afectarán a ambas as marxes das estradas e consistirán na limpeza de noiros, cunetas e marxes das estradas, rozando a vexetación que medrou considerablemente debido ás choivas e que en moitos puntos dificulta o tránsito polas beiravías e limita a visibilidade de peóns e tráfico rodado.

Ademais, realizaranse labores de perfilado das cunetas, desatascaranse as canalizacións e retirarase a broza, terra e restos de vexetación que se acumula nas beiravías e nos canles de recollida de augas alí onde sexa necesario.

30 de abril de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.