Os empresarios e comerciantes do Val Miñor asinan un convenio con URECA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Onte, 11 de marzo de 2014, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor asinou un CONVENIO coa Unión Recreativa de Empregados de Novagalicia – URECA, no que acordan o seguinte:

1. URECA outorgará a todos os socios de OVALMI que así o soliciten a condición de membros asociados, a cal incorporará os seguintes beneficios, que serán extensivos a todos os membros das súas respectivas unidades familiares, en calidade de beneficiarios:
Pleno dereito de acceso, uso e goce das instalacións e servizos dos complexos deportivos e sociais de Nigrán e da Zamorana (Ourense).

Participación en todas as actividades (deportivas, recreativas, culturais, sociais, etc.) que organice ou promova URECA, en idénticas condicións ás que esta estableza para os seus asociados de número.

Posibilidade de goce de todas as promocións e vantaxes sociais que xere URECA para os seus asociados de convenios.
Formalización de carné de asociado e de beneficiarios de URECA ao socio de OVALMI e a todos os membros da súa unidade familiar.
Recepción de Circulares informativas vía correo electrónico e Revista trimestral da Asociación (Latexo) no domicilio.
 
2. URECA aplicará aos membros de OVALMI que accedan á condición de membros asociados, con independencia do número de beneficiarios que inscriban, unha cota de 30€ mensuais, que será revisable por períodos anuais actualizándose  en cada un deles no que resulte de aplicar o IPC correspondente ao peche do exercicio precedente. Ao acceder a Ureca a través do convenio asinado por OVALMI poderán beneficiarse de formalizar o alta como socio sen achega de cota de entrada (200€).

12 de marzo de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.