publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous homes son imputados por senllos incendios en Mazaricos e Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMazaricosPonteareasPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous homes foron imputados acusados de ser os presuntos autores de senllos incendios forestais nas localidades coruñesa de Mazaricos e pontevedresa de Ponteareas. Son os dous primeiros detidos na actual campaña contra os lumes forestais 2014.

Segundo informa a Xunta, o lume de Mazaricos ocorreu o pasado luns como consecuencia dunha queima na que non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas.

Por mor desta “neglixencia”, e debido ás condicións meteorolóxicas “favorables”, as chamas propagáronse arrasando unha superficie de 9.000 metros cadrados, 5.000 de monte raso e o resto arboledo.

Na extinción do lume participou persoal de extinción de incendios da Xunta do distrito V-Fisterra, que tamén colaborou cos axentes da Policía Autonómica na detención. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Muros.

Por outra banda, axentes da xefatura local de Vigo procederon á imputación doutro como autor dun incendio forestal en Ponteareas. O lume, provocado polo escape dunha queima neglixente o pasado 8 de marzo, arrasou 12.000 metros cadrados de monte raso. As dilixencias remitíronse, neste caso, ao Xulgado número 2 de Ponteareas.

13 de marzo de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.