A Deputación de Pontevedra oferta 3.000 prazas en balnearios para persoas maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra pon en marcha, un ano máis, o programa diúrno de balnearios “Coidarte”, co que pretende contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e daquelas que precisan dun respiro familiar. Así se recolle nas bases do programa, aprobadas pola Xunta de Goberno, e que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O programa ten un triplo obxectivo: fomentar o envellecemento activo e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas de máis idade; que persoas que dedican boa parte da súa vida ó coidado de enfermos ou dependentes que teñan un respiro; e, tamén, dinamizar o sector turístico.

“Coidarte” permitirá que as persoas ás que vai destinado poidan gozar de 5 tardes, de luns a venres, nun balneario, talaso ou spa da provincia a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.

A Deputación subvenciona con 35 euros o prezo de cada praza e os concellos que se adhiran ó programa achegarán outros 10 euros. No entanto, aquelas persoas da provincia que desexen participar neste programa e o seu concello non se adherise poderán facelo tamén, aínda que, neste caso, non disporán da achega municipal.

3 de marzo de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.