A Deputación de Pontevedra destina 600.000 euros ao plan de mellora de infraestruturas no medio rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación investirá preto de 600.000 euros no Plan Estratéxico de Mellora de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) que executa a Xunta de Galicia e que vai permitir un investimento próximo ós 5 millóns de euros nos 62 concellos da provincia.

A achega da Deputación completa o financiamento da Unión Europea, que é a Administración que achega a contía restante, ata chegar ós citados 5 millóns de euros.

Os 600.000 euros que achegará a Deputación proceden do remanente de tesourería e incorporaranse por medio dunha modificación de crédito que foi aprobada esta mañá no Pleno da Deputación.

Este investimento permitirá levar a cabo numerosas obras de mellora en camiños e pistas municipais –que serán as que concentren o groso do investimento–, así como noutros servizos coma redes de saneamento e abastecemento de auga.

Os traballos centraranse en zonas rurais, e beneficiarán de forma especial a comarcas coma Deza, Tabeirós-Terra de Montes, O Condado, A Paradanta, O Salnés, O Morrazo ou O Baixo Miño.

28 de marzo de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.