Última convocatoria de proxectos ao abeiro do Plan Estratéxico Zonal do Grupo de Acción costeira Ría de Pontevedra
O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra ten aberta ata o 31 de marzo de 2013 á recepción de proxectos que teñan coma obxectivo a posta en valor dos recursos do territorio, especialmente aqueles vinculados ao sector pesqueiro e ao mar en xeral, e a xeración de servizos á poboación.
A finais do ano pasado estendeuse o convenio que o Grupo de Acción costeira ten asinado coa Consellería do Medio rural e do mar co obxecto de promover o desenvolvemento sostible do territorio e apoiar proxectos empresariais que coincidan nesta finalidade. O grupo dispón cun financiamento de preto de 1,5 millóns de euros para os anos 2014 e 2015 que deberán comprometerse nesta convocatoria de proxectos do mes de marzo que ten como data límite o último día do mes.
Nestes días son moitas as consultas que está a recibir o Grupo de acción Costeira da Ría de Pontevedra sobre proxectos co obxectivo de estudar o seu encaixe no Plan estratéxico zonal do territorio que ten coma eixes fundamentais a procura de competitividade das zonas de pesca, o valor engadido dos produtos pesqueiros, a diversificación de actividades cara outros sectores produtivos, a realización de pequenas infraestruturas e servizos turísticas, melloras ambientais e a promoción das novas tecnoloxías, a igualdade e a cooperación.
As axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca (75%) e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente e a Consellería do medio rural e do mar (25 % entre ambas)».
Actividades do Grupo
O Grupo de Acción costeira tamén conta con financiamento propio para desenvolver actividades cos mesmos obxectivos que os proxectos que apoia. Neste sentido, o vindeiro luns presentarase o receitario editado o ano pasado a a partir dos mariscos e peixas das lonxas da ría. A presentación será o luns ás 10:30 horas no Casal de Ferreirós. No mesmo acto presentarase tamén a plataforma de comercialización conxunta das lonxas da ría pescadoartesanal.com na que poden descargarse os receitarios.











