publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan a unha octoxenaria desaparecida no concello de Avión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

A Guardia Civil montou un dispositivo de busca para tratar de localizar unha muller de 87 anos de idade veciña do municipio de Avión (Ourense) que foi vista por última vez o domingo pola tarde.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 6.00 horas deste luns 24 de febreiro foi presentada a denuncia pola súa desaparición no Cuartel da Guardia Civil da localidade ourensana de Beariz por parte do seu fillo L.A., de 64 anos e veciño de Barroso, en Avión.

O denunciante indicou que a súa nai, de 87 anos de idade, foi vista por última vez ás 17.00 horas do domingo día 23 de febreiro nas inmediacións do seu domicilio. A anciá desaparecida viste roupa escura e vai acompañada dun can de raza pequena de cor marrón.

A Guardia Civil ten establecido un dispositivo de busca no que participan oito patrullas do servizo de Seguridade Cidadá, o servizo cinolóxico, Protección Civil e persoal voluntario.

24 de febreiro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.