publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aparece unha estación meteorolóxica flotante de Miami nunha zona rochosa de Lira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
E.P.

Unha estación meteorolóxica de Miami, segundo figura nas súas inscricións, apareceu nunha zona rochosa de Lira, en Carnota (A Coruña), informaron fontes da Policía Local.

   O aparato apareceu a última hora do venres, pero non foi ata a mañá deste sábado cando membros de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, entre outros, se achegaron ata a zona para intentar ancorar este dispositivo flotante, que ten forma de balsa.

   Segundo explica a Policía Local de Carnota crese que esta estación meteorolóxica flotante deixou de emitir sinal hai un ano, cando se lle perdeu a pista ata a ir a miles de quilómetros de onde se atopaba.

   Así, espera que o luns se empregue unha grúa na zona para poder remolcar este estación varada nas rochas de Lira que arrastraron as correntes de auga.

16 de febreiro de 2014 | 01:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.