A xustiza deulle a razón á Deputación de Pontevedra en 16 das 21 causas xudiciais que se abordaron na Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da resolución de 21 causas xudiciais contra a Deputación de Pontevedra, que na súa inmensa maioría resultaron favorables a esta institución.
De feito, das 21 sentenzas comunicadas e analizadas hoxe, 16 foron favorables á Deputación, 1 parcialmente favorable, outra desistida e só tres desfavorables.
Rafael Louzán incidiu en que as resolucións favorables lle permitirán ó organismo provincial non ter que pagar uns 140.000 euros, que era a cantidade que os denunciantes reclamaban nas súas querelas; mentres que as tres desfavorables só supoñen unha contía de 176 euros.
As denuncias refírense na gran maioría dos casos a reclamacións patrimoniais por danos producidos en accidentes de tráfico rexistrados en estradas provinciais.











