A Deputación de Pontevedra garante aos concellos adheridos ao ORAL máis de 53 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente da Administración provincial, Rafael Louzán, asinou esta mañá co director do Banco Santander en Pontevedra, Enrique Daniel Facal da Costa, unha póliza de crédito por un importe de 12 millóns de euros.

Con esta póliza a Deputación dispón dunha garantía adicional para que, no caso de que por cuestións sobrevindas teña nalgún momento falta de liquidez, os concellos garantirían de igual forma o pago puntual destes adiantos.

A contía solicitada este ano é substancialmente inferior á de 2013, cando ascendeu a 30 millóns de euros. Esta redución obedece á boa situación de tesouraría da institución provincial que, grazas a unha boa xestión económica, dispón da liquidez suficiente para ter a seguridade de que poderá abordar con recursos propios a maioría destes adiantos.

Rafael Louzán destacou as “condiciónes favorables” da operación co Banco Santander, que se presentou ao concurso público xunto con outras 6 entidades e ofreceu as condicións máis vantaxosas. O crédito terá vixencia até o 31 de decembro deste ano e establece un tipo de interese do 1,99% sobre o Euribor. Este interese só se aplicará a aquelas cantidades efectivamente dispostas, sen custo algún á parte do crédito que non se utilice.

Garantir liquidez aos concellos

A contía que os concellos recibirán en concepto de adianto da recadación dos impostos que o ORAL realiza nestas entidades locais que teñen delegada esta competencia sitúase ao redor dos 5 millóns de euros mensuais.

O obxectivo é facilitar aos municipios liquidez para o seu funcionamento diario, permitindo a prestación de servizos e a realización de investimentos.

Ademais destas contías previamente establecidas, que perciben todos os concellos adheridos ao ORAL en función do seu volume de recadación, a Deputación ofrécelles a posibilidade de solicitar outros anticipos a maiores para facer fronte a situacións de falta de liquidez puntuais que lle poidan xurdir no transcurso do ano.

Neste sentido, en 2013 foron 10 os concellos que se acolleron a esta posibilidade, así como a Mancomunidade de Concellos de Ou Morrazo. Desta forma, a achega realizada pola Deputación en concepto de anticipos adicionais ascendeu a 5.178.356,26 euros que, sumados aos 51.307.429,98 euros achegados mes a mes, fan un total de 56,4 millóns de euros.

Na área de Pontevedra os 7 municipios adheridos ao ORAL percibiron en 2013 un total de 4.657.834,14 euros, dos cales só 506.896,59 euros foron en anticipos adicionais, solicitados polos concellos da Lama e Ponte Caldelas. (Achéganse datos da área de Pontevedra)

27 de febreiro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.