A AECC Pontevedra incrementa nun 48% as demandas sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Con motivo do Día Mundial do Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro (aecc) mostra a súa preocupación pola situación de crecente vulnerabilidade dos pacientes con cancro desde o inicio da crise. Ás necesidades derivadas da propia enfermidade sumáronse aquelas relacionadas cos efectos da conxuntura económica do país.

Segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o 28% da poboación española atópase en risco de exclusión social e o 40,9% dos fogares españois non teñen capacidade para afrontar gastos imprevistos. A esta situación de vulnerabilidade engádese o diagnostico dun cancro polo que a aecc viu aumentada a demanda de atención social por parte de pacientes e familiares na provincia de Pontevedra nun 48% desde o inicio da crise, pasando de case 510  en 2010 a 757 en 2013.

O 34% destas demandas son de prestamos de material, cadeiras, Camas articuladas, Perrucas, próteses de mama, sujetadores, bañadores, guindastres entre outros,  o 31% son de orientación sobre recursos sociais, voluntariado, e o resto repártese entre axudas económicas,  inserción sociolaboral ou banco de alimentos. Debido ao incremento do número de demandas sociais, e tendo en conta o perfil de quen as solicita, a aecc vai seguir ofrecendo programas de atención social para cubrir de maneira integral as necesidades dun colectivo de especial vulnerabilidade cuxas necesidades difiren, pola propia enfermidade, doutros colectivos necesitados.

Facendo un somero repaso ás actividades levadas a cabo durante o 2013, a aecc incrementou a súa actuación en programas de atención á persoa enferma de cancro e a súa familia e en programas de prevención da enfermidade. Así, durante o ano pasado aumentouse un 15% os beneficiarios do programa Primeiro Impacto, deseñado para cubrir as necesidades de pacientes e familiares no primeiro momento do diagnóstico, e un 20% en demandas de atención psicolóxica, por destacar só algúns datos. No que se refire a programas de prevención en nenos e novos, a aecc Pontevedra aumentou en case un 9% o número de beneficiarios.

O 2013 tamén se caracterizou polo compromiso social da aecc de seguir impulsando a investigación contra o cancro a pesar da situación de crise. No pasado padroado da súa Fundación Científica decidiuse incrementar os fondos destinados a este fin outorgando 4.100.000€ dirixidos, por unha banda, a sete novos proxectos de investigación e, por outro, á estabilización laboral de once investigadores para que poidan continuar co seu traballo.

“Si crees que estás só non nos coñeces”

Esta é a nova campaña lanzada pola aecc co obxectivo de trasladar á sociedade os programas e servizos que leva a cabo en toda España. Presente en 52 provincias, a aecc ten programas de apoio e acompañamento a pacientes e familiares desde o primeiro momento do diagnóstico, durante toda a enfermidade e até o final da mesma. Outros dos seus alicerces é a investigación en cancro onde, con 14 millóns de euros comprometidos para este ano, é a primeira entidade social privada que máis fondos destina á investigación oncolóxica. Por último, as campañas de concienciación orientadas a previr e detectar de maneira temperá a enfermidade completan a misión dunha entidade que o ano pasado cumpriu 60 anos de historia.

Para completar as actividades do Día Mundial do Cancro, a aecc organizará o martes 4 de febreiro a 3ª edición do Foro Contra o cancro onde pacientes, familiares e profesionais sanitarios debaterán sobre as necesidades dos pacientes con cancro no primeiro momento do diagnóstico. O Foro será retransmitido en directo vía streaming a través de www.aecc.es

Instalación de mesas informativas na Praza da Peregrina e no Hiper Froiz de Pontevedra en Horario de 11:00 a 13:00 , onde voluntarias da aecc repartirán información da nosa entidade baixo a lema “Si crees que estas só non nos coñeces”.

A aecc, 60 anos de experiencia na loita contra o cancro 

A aecc é unha ONL (Organización Non Lucrativa), privada e declarada de utilidade pública que leva 60 anos traballando na loita contra o cancro. A aecc integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

Estruturada en 52 Xuntas Provinciais e presente en máis de 2.000 localidades españolas, a aecc desenvolve o seu traballo a través dos seus máis de 15.000 voluntarios e 680 empregados baixo unha filosofía de colaboración coas autoridades sanitarias, institucións científicas e aqueloutras entidades que persigan un fin análogo ao da asociación. Todo iso sempre baixo os principios de independencia, profesionalidade, transparencia e proximidade.

Durante o pasado 2013, a aecc realizou máis 300.000 intervencións de apoio e acompañamento a pacientes e familiares en hospitais de toda España.

Fundación Científica da aecc, financiando a excelencia en investigación oncolóxica

A aecc mantén como un dos seus obxectivos prioritarios a investigación oncolóxica de calidade. Con este propósito naceu a Fundación Científica o 25 de outubro de 1971.

A Fundación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica e social. Estes programas están dirixidos a lograr avances en ciencia para mellorar o futuro das persoas enfermas e as súas familias e para consolidar unha estrutura científica en España, achegando a toda a sociedade os logros conseguidos.

3 de febreiro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.