publicidade hoxe

Un home falece en Quiroga tras caer ao río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaQuirogaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 52 anos de idade faleceu na noite deste martes tras caer ao río no paseo fluvial do termo municipal de Quiroga (Lugo).

Foi o fillo do home o que alertou o 112 ás 20.21 horas do martes e indicou que o seu pai caera ao río e non podía sacalo, segundo informou o servizo de emerxencias.

Foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias e os Bombeiros de Monforte, así como a Guardia Civil, Policía Local e os efectivos do GES de Quiroga.

Finalmente, segundo indicou o 112, axentes da Policía Local sinalaron que non eran necesarios os bombeiros posto que atoparan a persoa fóra do río falecida.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do PAC de Quiroga para atender no punto a un paciente, onde confirmaron o falecemento do varón L.G.M., de 52 anos.

29 de xaneiro de 2014 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.