publicidade hoxe

Comezan os traballos de recuperación do santuario da Virxe da Barca coa retirada dos cascallos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxíaPortada dereita
A-
A+
E.P.

Os traballos para retirar os cascallos do santuario da Virxe da Barca, en Muxía (A Coruña), seriamente danado tras o incendio que rexistrou o día de Nadal, comezaron este xoves, segundo confirmou o alcalde deste municipio, Félix Porto.

Pola súa banda, técnicos da Dirección de Patrimonio Cultural teñen previsto desprazarse até a igrexa “para ver como están os retablos e si é necesario a súa protección”, precisaron fontes da Consellería de Cultura.

Para poder proceder á reparación da igrexa, este xoves comezou a colocación das estadas co fin de poder retirar os cascallos “de lousa e outros restos que se atopan arriba da bóveda”, explicou o rexedor.

Estes traballos comezarán coa colocación primeiro dunha estada, para empezar a retirar parte dos cascallos. Unha vez finalizada esta parte, retirarase esta estada e colocarase noutro lateral da igrexa para acometer a mesma tarefa. 

AFECTACIÓN

Os labores de rebo está previsto que terminen “entre hoxe e mañá”, indicou Félix Porto. No entanto, sinalou que, si fose necesario “e o tempo permíteo”, continuaríase con eles o sábado.

“A partir de aí, poderemos ver o grao de afectación”, indicou o alcalde, quen precisou que o rebo levará a cabo de forma “que non quede sobre a bóveda todo o peso”, apostilou.

Sobre o custo dos mesmos, dixo que non está cuantificado. Así, precisou que o obxectivo é proceder a reparar a igrexa “e logo iremos vendo quen asume o custo”, apostilou.

Respecto diso, avanzou que a próxima semana está prevista unha reunión entre o Concello de Muxía, a Deputación da Coruña, a Xunta e o Arcebispado de Santiago para avaliar a situación.

EMERXENCIA DAS ACTUACIÓNS

Mentres, a Xunta axilizou os trámites para a reconstrución do santuario e declarou de emerxencia, na reunión do Consello do pasado venres, as actuacións para executar o proxecto de rehabilitación integral do templo.

Así, ao termo do Consello da Xunta, o titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a intención de impulsar a reconstrución do santuario “custe o que custe”. Tamén ratificou  que a reconstrución do templo acometerase “coa máxima celeridade” e a axilización dos trámites para que así sexa.

O custo de restauración das obras no que se refire á configuración arquitectónica situarase, segundo as primeiras valoracións dos técnicos de Patrimonio, entre os 700.000 e os 850.000 euros. A Xunta asumirá “o cento por cento” do custo do proxecto construtivo da rehabilitación.

En concreto, a Consellería de Cultura e Educación comprometerá 36.300 euros para a redacción do proxecto básico e de execución de rehabilitación do templo por parte da Dirección de Patrimonio Cultural.

Mentres, desde a Consellería de Cultura explicaron que Patrimonio autorizou ao Concello a colocar as estadas e que colaborará na restauración do santuario. Antes, técnicos achegaranse ao mesmo para determinar si os retablos “corren perigo”, apostilaron.

2 de xaneiro de 2014 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.