A Deputación de Pontevedra entregou 35.000 euros en axudas a entidades deportivas de Arousa
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada provincial Begoña Estévez reuníronse con representantes do Club de Remo Vilaxoán e o Arosa S. C., cos que abordaron asuntos que preocupan a ambas as entidades. O Club de Remo Vilaxoán recibiu unha axuda económica de 5.000 euros para a reparación dun vehículo Citroen Jumper, e o Arosa S. C. recibiu unha axuda de 30.051 euros para o acondicionamento de instalacións deportivas.











