Os cativos das Doroteas levan a ilusión do Nadal ao Pazo provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Os cativos de Doroteas durante a visita

Os cativos de Doroteas durante a visita

O Nadal chegou esta mañá ó salón de plenos da Deputación de Pontevedra da man do alumnado de infantil do Colexio Nosa Señora das Dores Doroteas.

Os cativos, do segundo ciclo de infantil (de 3 a 6 anos), cantaron panxoliñas ante a atenta mirada do persoal da Administración provincial, encabezados pola Deputada Begoña Estévez, e en compaña de numerosos pais, nais e familiares dos cativos.

Esta entrañable visita trouxo, un ano máis, a maxia do Nadal ó Pazo provincial, onde os pequenos arrancaron o aplauso das numerosas persoas que presenciaban a súa actuación.

A deputada Begoña Estévez agradeceu a visita do alumnado e do profesorado das Doroteas que, como dixo, “rompe coa rutina diaria” e trae unha actividade totalmente diferente á Deputación.

17 de decembro de 2013 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.