publicidade hoxe

A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal ocorrido no concello de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocalLocal PortadaPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica vén de informar da imputación dunha persoa como presunta autora dun incendio ocorrido no Concello de Arbo (en Pontevedra) o pasado día 12 deste mes a raíz dunha queima de restos forestais.

Segundo as investigacións levadas a cabo polos axentes do equipo de investigación de incendios da Xefatura Local da Policía Autonómica en Vigo, o lume tivo a súa orixe nunha queima imprudente na que non se respectaron as normas de seguridade esixidas. Como consecuencia, resultaron queimados 1.800 metros cadrados de monte raso.

Por estes feitos, tramitáronse as correspondentes dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas.

Xa son 122 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

25 de decembro de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.