Cores Tourís recibe ao novo tenente coronel da Garda Civil do Seprona en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión co novo tenente coronel do Seprona

Cores Tourís na reunión co novo tenente coronel do Seprona

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao novo tenente coronel da Garda Civil do Seprona en Pontevedra, Miguel Estévez Lara.

Cores Tourís mantivo un encontro co segundo xefe da Comandancia de Pontevedra no seu despacho acompañado do xefe territorial do Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.

Segundo informou Estévez Lara ao delegado territorial, coñece perfectamente Pontevedra, xa que estivo destinado durante varios anos nesta localidade no pasado realizando labores similares. Fai 20 días que tomou posesión do seu novo cargo como tenente coronel da Garda Civil do Seprona en Pontevedra.

José Manuel Cores Tourís desexoulle moita sorte no desenvolvemento do seu traballo e transmitiulle a satisfacción da Xunta de Galicia pola boa sintonía e coordinación existente entre ambas institucións de cara á loita contra os delitos ambientais, contra os incendios e contra o furtivismo.

25 de novembro de 2013 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.