As empresas da provincia de Pontevedra disporán de 5 días para sumarse ao Plan de Prácticas Laborais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

As empresas da provincia interesadas en participar no Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra que non presentaron a solicitude no seu día disporán dun novo prazo de cinco días, na vindeira semana, para entregar os seus proxectos e optar a un dos 2462 bolseiros inscritos no dito Plan.

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que subliñou que o motivo desta nova convocatoria é que hai dispoñibilidade económica para incrementar ata 500 o número de beneficiarios destas bolsas antes de que remate o ano, polo cal é preciso que novas empresas se sumen ó proxecto para incorporar no seu cadro de persoal máis bolseiros.

O presidente lembrou que está previsto que a principios de 2014 se faga unha nova convocatoria para que outros 500, dos 2462 mozos titulados que presentaron a solicitude de bolsa, poidan ter esa primeira oportunidade laboral e “dar así cobertura a practicamente o 50% dos solicitantes”.

Publicación das listas

Rafael Louzán sinalou que o vindeiro luns, 25 de novembro, publicaranse as puntuacións dos bolseiros e a lista de admitidos e excluídos, o que lles permitirá ós solicitantes saber en qué posto están e as posibilidades que teñen tanto de entrar a traballar nesta convocatoria coma na próxima.

Os solicitantes disporán de tres días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Por outra banda, as empresas que solicitaron titulados do Ciclo superior de Animación en 3D, Xogos e Contornos interactivos; de Enxeñería en Telecomunicacións de Electrónica; de Telecomunicacións de Telemática; e da licenciatura en Enoloxía, e que non van poder dispoñer de bolseiros nestas categorías por non se presentar ningún candidato, terán a oportunidade de solicitar bolseiros das outras titulacións, sempre e cando o perfil que precisan coincida co dalgún dos solicitantes da bolsa.

22 de novembro de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.