publicidade hoxe

Publicada a modificación das normas subsidiarias do Concello de Maside para ordenar o ámbito da rúa Outeiro Grande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaMasideOurense
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Maside (Ourense), no ámbito da rúa Outeiro Grande e o seu contorno. Esta modificación puntual ten por obxecto a recualificación dun ámbito de 9.017 m² como solo urbanizable, conforme o establecido na disposición transitoria 13 da Lei de solo, para integrar e ordenar normativamente o asentamento da rúa Outeiro Grande e o seu contorno no planeamento vixente.

Este ámbito de actuación é un asentamento xurdido á marxe do planeamento arredor da rúa Outeiro Grande, contiguo ao núcleo urbano de Maside capital, que afecta dúas zonas separadas conectadas pola citada rúa, situadas segundo as normas subsidiarias (NNSS) en solo non urbanizable (actualmente solo rústico) e en solo non urbanizable de especial protección (rústico de especial protección).

Coa modificación puntual pasan a ser solo urbanizable delimitado un total de 7.602 m² de solo non urbanizable (solo rústico) e 1.415 m² de solo non urbanizable de especial protección (solo rústico de especial protección).

Deste modo, a modificación puntual establece a regulación detallada do sector co contido e determinacións necesarias para o seu desenvolvemento ordenado.

Aprobación das modificacións de planeamento

O expediente tramítase ao abeiro do disposto nos artigos 93 e 95.2 e 4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do ambiente de Galicia (Lei de Solo), que determina que a competencia para a aprobación definitiva das modificacións de planeamento municipal que terán por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, logo do informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo.

Antecedentes

En abril de 2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decidiu non someter esta modificación a avaliación ambiental estratéxica. Posteriormente o Pleno municipal aprobou inicialmente a modificación puntual e expúxoa ao público.

Finalmente, o propio Pleno aprobou as correccións da modificación e remite a documentación á Xunta de Galicia, constando o 18 de setembro de 2013 o informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo. Esta modificación foi aprobado polo Consello da Xunta a principios do mes de outubro deste ano.

Actualmente o Concello de Maside dispón de normas subsidiarias de planeamento aprobadas en outubro de 1985, que tiveron dúas modificacións puntuais.

22 de outubro de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.