publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Autorizado o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-531 a prol do Concello de Cortegada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaGaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun resto antigo da estrada autonómica Xinzo de Limia- Cortegada (OU-531) a prol do Concello ourensán de Cortegada.

O Concello de Cortegada solicitou dá Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade dun resto da estrada OU-531 entre o pq 45+380 MD e o pq 45+470 MD, así como do terreo asociado ao dito resto no lugar de Refoxos.

A Axencia Galega de Infraestruturas remitiu informe favorable do cambio de titularidade do tramo debido a que xa non forma parte do eixe central da estrada de referencia.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, o Consello da Xunta decidiu autorizar o dito traspaso.

A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante o asinamento da correspondente acta de entrega.

Dende ese momento, correspóndenlle ao municipio ourensán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

25 de outubro de 2013 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.