49 empresas do Salnés recibirán durante un ano 56 bolseiros
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe, no curso dunha visita á empresa Tune Eureka SA, de Vilagarcía, que esta firma «aporta un gran valor engadido ao Salnés e a Galicia». A institución provincial concedeulle a esta empresa un técnico superior en Enxenería Industrial Mecánica dentro do seu Plan de prácticas laborais en empresas do sector privado, que se aprobou onte. A Deputación correrá con todos os custos, salarios, etc. deste traballador por espazo dun ano.
Na comarca do Salnés son 49 as empresas que se beneficiarán, durante un ano, de 56 bolseiros, mozos titulados universitarios sen experiencia laboral previa, que traballarán nas citadas firmas financiados pola Deputación.
Eureka inviste 2,5 millóns na súa ampliación
Tune Eureka ocupa unha parcela de 30.000 m² (6.000 m² cubertos) no Polígono Industrial de Bamio, en Vilagarcía. Constrúe maquinaria diversa e equipos mecánicos, de alta especialización, que exporta no 95% da súa produción a Noruega, Alemaña e Inglaterra. O 5% restante vai para o mercado nacional ainda que, como dixo o seu director xeral, Manuel García, «é un mercado con moi baixa demanda dos nosos productos pois aquí non se desenvolven empresas de petróleo, papel, etc.»
Entre os produtos máis importantes que fabrica destacan prensas para a industria do papel, armarios conxeladores e bombas de frío, equipos para a industria do petróleo e mini-turbinas, sistemas de control e secadores industriais, recipientes a presión, caldeiras, cortadoras, etc.
A empresa ocupa a 55 empregados -todos técnicos superiores e cun alto grao de coñecemento doutros idiomas- e está en pleno proceso de ampliación das súas instalacións cun investivento de 2 millóns de euros.
Novos pedidos e produción de alta calidade
Recentemente, consiguiu novos pedidos de ferramentas para traballar en Ambiente Mariño e Sumerxido no Mar do Norte.
Louzán destacou que o Plan de prácticas laborais en empresas privadas da Deputación de Pontevedra «é algo pioneiro e innovador en Galicia e aínda en España pois con el apoiamos os emprendedores e contribuímos a reactivar a economía, loitar contra o paro e aproveitar o talento e as ganas dos mozos titulados que, a través deste Plan, terán o seu primeiro traballo e non terán que emigrar»
Empresas e bolseiros do Salnés
Na comarca do Salnés son 49 as empresas que recibirán 56 bolseiros, durante un ano, deste Plan da Deputación de Pontevedra. Son as seguintes (poden consultarse a través da web www.depo.es no BOPP de onte, 30 de outubro de 2013):
17 de Vilagarcía reciben 18 mozos licenciados: Certificadora Gallega del Noroeste (titulado Administración e Finanzas), Tobiauto (ciclo superior Automoción), Tecnica Comercial Agropecuaria Galega (2 técnicos: Comercio Internacional e técnico en Marketing), Tiendas Disnova (Xestión Comercial e Marketing), Pablo Dorgambride, Qualigy Solutions (enxeneiro informático), Halper Industria Química (enxeneiro), Impex Europa (enxeneiro), Tune Eureka (enxeneiro), Oftefor (arquitecto), Fundación Asilo Hospitalillo (enfermero), Asesores Técnicos Mercantiles (Administración e dirección de empresas), Autos Ibáñez (ADE), Páginas Telefónicas (ADE), Bufete Serantes y Gallego (abogado), Fundación Lar (Psicólogo), Lar Pro-Salud Mental (Psicólogo).
8 empresas de Cambados reciben 13 titulados: Terra de Asorei (ciclo superior Administración e Finanzas), Confecciones Trivi (2 : ídem e un licenciado ADE), AG Salnés (2: ciclo superior Industrias Gráficas e licenciado Belas Artes), Buján y Álvarez (Xestión Comercial e Marketing), Horsal (enxeneiro agrónomo), Martín Códax (3: ídem, un licenciado en Enoloxía e un licenciado en ADE), Hortumia (2 enxeneiros agrícolas), Mariscos Linamar (ADE).
5 empresas de Meaño reciben 5 bolseiros: MP Carregal (Administración e Finanzas), Nivel 10 Networks (ídem), Laga de Besada (ciclo superior Turismo), Carpintería A. Varela e Hijos (enxeneiro forestal), Granitos Santa Eulalia (ADE).
5 empresas de Ribadumia reciben 5 bolseiros: Conservas de Cambados (Administración e Finanzas), Top Ventana (ídem), Alimentos Javimar (comercio internacional), Veiga Serantes (enólogo), Adega Tomada de Castro (Xestión Comercial e Marketing),
5 empresas de Sanxenxo reciben 5 bolseiros: Camping Paxariñas (Administración e Finanzas), Aluminios Portonovo (ídem), Adega dos Eidos (ciclo superior Turismo), Urbes Gestión del Suelo (ciclo superior Proxectos de Edificación), Hotel Torres Touriño (licenciado Turismo)
4 empresas de Valga, 4 bolseiros: Extrusionados Galicia (arquitecto), Talleres ODL carpintería mecánica (enxeneiro industrial), Fogareco (ADE), Héctor Bermúdez, Radio Valga (xornalista)
1 empresa do Grove, 2 bolseiros: Amegrove (2: licenciado en ADE e en ciclo superior Laboratorio de Análise e Control de Calidade)
2 empresas de Vilanova de Arousa reciben 2 bolseiros: Agarimo Nenoss (Educación Infantil), Bata, tratamento do autismo (técnico en Informática de Sistemas)
1 empresa da Illa de Arousa, 1 bolseiro: Piragüilla, S. C. (diplomado en Educación FísicaP)
1 empresa de Meis, 1 bolseiro: Mar de Frades (enólogo)











