publicidade hoxe

Portomarín recibe o informe previo da aprobación inicial do Plan Xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaLugoPortada dereitaPortomarínProvincias
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de emitir o Informe Previo á Aprobación Inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Deste xeito avánzase un paso máis para que o Concello de Portomarín acade a aprobación definitiva dentro da actual lexislatura municipal.

No informe remitido pola Xunta indícaselle ao concello a necesidade de facer axustes na clasificacións dos distintos solos, así como a corrección de información documental sobre anexos de bens catalogados e definición dunha parcela.

Na actualidade o Concello de Portomarín réxese por unhas Normas Subsidiarias de planeamento aprobadas en outubro de 1983. A Consellería de Medio Ambiente concedeu unha axuda de case 120.000 euros para a redacción do plan xeral de ordenación municipal.

Tramitación pendente

Unha vez incorporados os axustes requiridos no IPAI, o concello procedera á aprobación inicial do PXOM no pleno. Simultaneamente expoñerase ao publico (2 meses) para a presentación de alegacións e recabaranse os respectivos informes sectoriais. Analizaranse as alegacións e as que se consideren se incorporaran ao documento, así como as resultas dos informes sectoriais. Finalmente, o concello aprobara provisionalmente en pleno o documento e remitirao á Xunta para aprobación definitiva.

Por último, o departamento que dirixe Agustín Hernández reitera a súa disposición a coordinarse e colaborar co concello para que Portomarín dispoña de PXOM no menor prazo posible.

7 de setembro de 2013 | 22:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.