O órgano provincial destinará 676.000 euros ao arranxo do campo de fútbol de San Tomé de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou un convenio de colaboración co Concello de Marín; a Comunidade de Montes de San Tomé, que preside Daniel Rosales; e a Agrupación Deportiva San Tomé, que dirixe José Cidrás, para construír un campo de fútbol de herba sintética na localidade.

O importe da actuación será de 675.992 €. A Deputación achegará o 75% do importe total (506.994 €) e o Concello o 25% restante (168.998 €).

Pola súa banda, a Comunidade de Montes comprométese a poñer a disposición das institucións os terreos precisos para a obra e á AD San Tomé obrígaselle a permitir o uso do campo á Deputación, se así o considerase esta, por un período de 5 días ó ano.

A obra implicará a instalación de herba sintética no terreo de xogo, a colocación de iluminación, bancadas, vestiarios, marcadores e demais elementos precisos para a práctica do deporte.

21 de setembro de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.