publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O documental “Azul y verde sobre negro” amosa o cambio que experimentou o antigo espazo mineiro das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs PontesGaliciaLocalLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Asistentes á presentación do documental "Azul y verde sobre negro". / Foto: Xoán Crespo

Asistentes á presentación do documental “Azul y verde sobre negro”. / Foto: Xoán Crespo

O presidente da Xunta, asistiu ao acto de presentación do documental Azul y verde sobre negro, que amosa a “metamorfose xeolóxica” experimentada no antigo espazo mineiro das Pontes, un documental realizado por José Antonio Vallejo e por Soledad Souto. Destacou que o lago artificial das Pontes “é a proba palpable de que existen actividades económicas compatibles co medio ambiente” e demostra que existen explotacións mineiras que, cunha restauración e proxecto axeitados, pódense acabar convertendo “en espazos cheos de oportunidades”.

Na súa intervención, o mandatario autonómico incidiu en que a actuación realizada por Endesa no buraco orixinado tras a extracción de lignito constitúe “un modelo de innovación mineira”; na zona levouse a cabo un traballo “pioneiro de primeira magnitude” para construír un lugar que mudou a paisaxe da comarca, creando un “complexo e rico ecosistema” que pouco a pouco foron poboando e colonizando distintas especies animais e vexetais. De feito, nos preto de 18 quilómetros de perímetro do lago artificial habitan na actualidade máis de 180 especies de vertebrados e o seu solo está cuberto por máis de 600.000 árbores.

Feijóo remarcou, ademais, que este proxecto tamén “evidencia o compromiso dunha empresa, Endesa, co territorio”, xa que Galicia pode aproveitar dobremente As Pontes: primeiro, como xacemento mineiro de primeira orde e logo como un dos enclaves naturais máis singulares da comunidade. E “representa unha aposta de desenvolvemento futuro”, xa que o lago artificial permitirá xerar actividade económica grazas ao renovado atractivo da zona.

Tamén “pon de manifesto que unindo vontade política e compromiso empresarial se pode minimizar o impacto da actividade mineira”, abondou o mandatario autonómico, reiterando a aposta do Goberno galego pola defensa e o impulso dunha actividade mineira “responsable, sustentable e compatible co territorio”. “E ese seguirá sendo o noso propósito”, aseverou, sinalando que Galicia “non pode nin debe renunciar a proxectos que favorezan o desenvolvemento económico e o benestar dos seus habitantes” pero advertindo que eses proxectos deben “garantir estritamente a máxima seguridade e viabilidade ambiental”.

Plan Territorial Integrado

O xefe do Executivo galego referiuse á oportunidade económica que supón o lago para os habitantes da zona ao converterse nun dos principais recursos turísticos para o municipio e para toda Galicia. Un lago que conta cun areal artificial construído de máis de 30.000 metros cadrados; cun perímetro de 18 quilómetros; que ocupa 865 hectáreas; cunha lámina de auga equivalente á de toda a cidade da Coruña; e que acumula 550 hectómetros cúbicos de auga, o que supón 25 veces a capacidade do embalse de Cecebre.

“Cando abrimos este lago artificial, en maio de 2012, avanzamos un Plan Territorial Integrado para converter este espazo nunha oportunidade ambiental, paisaxística e turística para a comarca, para Galicia e para o nordeste de España”, lembrou Feijóo. Trátase do segundo Plan Territorial Integrado (despois do Plan de Ordenación do Litoral) que está a promover a Xunta en coordinación cos concellos da bacía hidrográfica do Eume, e que permitirá compatibilizar o desenvolvemento produtivo, a urbanización e a ordenación turística e residencial, coa racional utilización dos recursos naturais e a paisaxe.

Un plan que, segundo a senda trazada polas Directrices de Ordenación do Territorio, establecerá “coa máxima seguridade xurídica e solvencia técnica as actividades susceptibles de desenvolverse neste territorio e na súa área de influencia”, explicou.

O fin último, afirmou Feijóo, é lograr “o aproveitamento do potencial deste espazo” e “protexer os valores identitarios da zona”, así como os xurdidos ao amparo do novo ecosistema, “nunha sorte de integración do pasado co presente e co futuro”. Un plan que xa aparecía recollido na renovación do Pacto Ambiental asinado entre a Xunta e Endesa o pasado ano, pacto no que se recollía un investimento de 21,5 millóns de euros por parte desta compañía destinados á modernización tecnolóxica das súas instalacións, á súa adaptación ambiental e á mellora do lago.

16 de setembro de 2013 | 23:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.