publicidade hoxe

Inaugurouse a Casa Museo de Manuel María na vila natal de Outeiro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoOuteiro de ReiPortada dereitaProvincias
A-
A+
Inauguración da Casa Museo Manuel María, impulsada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos

Inauguración da Casa Museo Manuel María, impulsada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou na inauguración da Casa Museo Casa Galega de Manuel María, ubicada na propia vila natal do escritor, en Outeiro de Rei.

Arias indicou que esta casa, que foi o fogar de Manuel María na nenez, foi reformada e acondicionada axeitadamente “para custodiar, expor e difundir o conxunto do legado cultural e humano do propio autor”, dende onde servirá como “espello das pegadas” do creador de Outeiro de Rei.

A representante do Executivo galego explicou que, esta casa museo exercerá no plano práctico como “un recurso cultural e turístico” de primeiro nivel, posto que moitas das persoas que se achegan a Galicia fano precisamente “pola nosa cultura e patrimonio”, como o que representa o creador de Muiñeiro de Brétemas, o primeiro libro publicado en galego trala Guerra Civil.

A delegada territorial considerou que a comunidade galega terá de hoxe en diante nesta casa museo -que durante a nenez de Manuel María foi o seu fogar- “un punto de encontro para comprender o universo deste humanista galego”. Así mesmo, indicou que a Xunta de Galicia apoia esta iniciativa que serve para a promoción “dunha das voces máis valiosas e intensas” da historia recente da cultura galega.

7 de setembro de 2013 | 22:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.