publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da estrada entre As Pontes e o Piñeiral (AC-142) beneficiarán a máis de 43.500 habitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaA CoruñaAs PontesCabanasCedeiraCerdidoFeneLocalLocal PortadaNedaPortada esquerda
A-
A+

Posteriormente, executaranse nas estradas AC-102 As Felgosas (AC-862) – Esteiro (AC-566); a AC-121 Filgueiras (AC-564) – Roxal da Deputación. Trátase dunha das actuacións que se van a executar en varias estradas da provincia da Coruña, que foron adxudicadas por máis de 450.000 euros.

O departamento de Medio Ambiente do Goberno galego levará a cabo esta obras necesarias polos distintos deterioros que presentan estas vías. As reparacións estruturais e superficiais permitirán prolongar a vida útil do firme de varias estradas da provincia da Coruña. Ademais, realizaranse obras  de mellora da seguridade vial. Estas obras teñen un prazo de execución de seis meses.

Mapa das obras

Mapa das obras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia mañá as obras de reparacións estruturais e superficiais en distintas estradas da provincia da Coruña, concretamente comezará pola estrada As Pontes- O Piñeiral (AC-142) e a continuación polas vias AC-102 As Felgosas (AC-862) – Esteiro (AC-566); a AC-121 Filgueiras (AC-564) – Roxal da Deputación. Medio Ambiente adxudicou esta actuación, que permitirá prolongar a vida útil do firme destas vías, por un importe de máis de 450.000 euros.

As estradas, que na súa totalidade suman case seis quilómetros de lonxitude, AC-142 e AC-121, encádranse dentro da Rede Secundaria, a AC-102 na Rede Primaria Complementaria e a AC- 564 na rede Primaria Básica da Xunta de Galicia.

Os traballos consistirán na limpeza de 22.564 metros cúbicos de terreo; levarase a cabo o fresado de 93.075 m2 e empregaranse106 toneladas de betún asfáltico, ademais de 2.373 tn de formigón bituminoso. Por outra banda, colocaranse 508 metros de barreira e 541 m. de gabia de seguridade; 296 toneladas de microaglomerado; e colocarase a sinalización, balizamento e defensas correspondente.

Estas actuacións, que beneficiará aos máis de 43.500 habitantes dos concellos coruñeses da Capela, Fene, As Pontes, Neda, Cabanas, Cedeira e Cerdido, teñen un prazo de execución de seis meses.

Mellora seguridade vial

O departamento de Medio Ambiente do Goberno galego levará a cabo esta obras necesarias polos distintos deterioros que presentan estas vías. As reparacións estruturais e superficiais permitirán prolongar a vida útil do firme de varias estradas da provincia da Coruña. Ademais, realizaranse obras  de mellora da seguridade vial.

Con esta adxudicación, a Xunta de Galicia mantén a súa vontade e compromiso de levar a cabo actuacións de seguridade vial nas estradas que o precisen, a pesar da situación económica actual, un escenario moi distinto aos anos de bonanza anteriores.

11 de setembro de 2013 | 23:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.