publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apoio provincial na xornada de recreación da malla tradicional de Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdidoGaliciaLocalProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu á recreación da malla tradicional que se celebra cada ano na parroquia de Os Casás, en Cerdido.

Alí puido comprobrar a implicación das persoas que traballaron na posta en marcha desta iniciativa, onde participaron máis dun centenar de traballadores ataviados cos traxes típicos da malla.

En total, segundo lle explicou a alcaldesa ao presidente provincial, nas actividades organizadas durante a xornada estaba previsto que tomaran parte máis de 500 persoas, xa que ademáis da recreación da malla, houbo tempo tamén para unha exposición de maquinaria agrícola e de vehículos antigos.

Durante a súa visita, Calvo gabou a grande importancia deste tipo de xornadas, xa que significan “unha mostra máis do respecto que temos os galegos hacia as tradicións e, sobre todo, hacia o traballo dos nosos maiores”.

Acompañado pola alcaldesa, Ana Rodríguez, e outros membros do goberno local de Cerdido, o presidente da Deputación Provincial tamén puido coñecer o estado das obras da nova nave municipal que se está a construír na parroquia de Os Casás grazas a unha axuda da Deputación de 105.000 euros.

Esta nave será utilizada para gardar todo o material de uso agrícola do Concello e tamén para acoller as pezas antiguas que foron restaurantdas durante os últimos anos por unha asociación do municipio e que, segundo dixo Calvo esta mañá, “teñen moitísima importancia porque recollen a historia dos últimos séculos deste municipio”.

9 de setembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.