publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta redobrará os esforzos para identificar aos incendiarios e poñelos a disposición xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocalPortada dereita
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que a Xunta redobrará “os esforzos para identificar os incendiarios e poñelos a disposición xudicial”. Fíxoo en Carnota, xunto á conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e ao pé do incendio que afecta a este municipio coruñés. Tamén lembrou que nestes momentos a prioridade é protexer as vivendas e dar por controlado este lume, pero insistiu na necesidade da colaboración cidadá na loita contra os incendiarios.

O vicepresidente agradeceu o esforzo dos traballadores do operativo que fixeron fronte a este incendio malia as moitas dificultades que presentou na súa extinción, polas altas temperaturas e o forte vento do nordés.

Alfonso Rueda advertiu tamén que a Xunta vai traballar tamén para conseguir que os incendiarios teñan que facer fronte aos custes de extinción, ademais de afrontar as responsabilidades penais que lles correspondan. Nesta mesma liña, a conselleira do Medio Rural e do Mar insistiu en que “nin a calor nin o vento producen os incendios, senón a man do home” e que por moita prevención que se faga nun determinado lugar –caso deste lume de Carnota–, se alguén ten intención de facer dano, vaino facer.

Recuperación da zona afectada

Comentou que desde os poderes públicos “faremos todo o posible para que este emblemático lugar –pola súa riqueza natural e atractivo turístico– se recupere á maior brevidade”, pero que “toda Galicia en si é emblemática” polo que é rexeitable que se queime un só metro cadrado do noso territorio.

15 de setembro de 2013 | 02:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.