A Deputación de Pontevedra financiará un premio do I Certame de Pintura Rápida da Fundación Rotary

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A deputada provincial Ana Isabel Vázquez reuniuse esta mañá co presidente da Fundación Rotary, Alejandro Amoedo, con quen departiu sobre o labor desta entidade humanitaria en Pontevedra e ó que lle fixo entrega dunha achega económica de 1000 euros.

Esta cantidade foilles concedida ós rotarios de Pontevedra para sufragar un dos premios que a entidade convoca co obxectivo de promover o talento artístico e o espírito creador na provincia, o I Premio de Pintura Rápida Cidade de Pontevedra. O certame desenvolveuse o pasado 21 de setembro.

O Rotary Club é unha fundación sen ánimo de lucro que en Pontevedra ten as súas orixes en 1998, polo que conta xa con 25 anos de vida e con numerosos empresarios e profesionais da cidade como socios.

27 de setembro de 2013 | 15:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.