publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra acometerá a mellora de 14 estradas da provinicia cun investimento de 691.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a mellora de 14 estradas da provincia, cun orzamento de 691.260 euros, dentro do plan de investimentos para a posta a punto das súas estradas, valorado en 2 millóns de euros. Nesta ocasión os traballos levaranse a cabo en tres estradas de Cotobade, dúas de Cambados e unha de Pontevedra, Caldas-Moraña, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Vilanova de Arousa, Lalín e Rodeiro.

As obras mellorarán a capa da rodaxe polo que se aplicará un tratamento antiesvarante e a reposición da sinalización horizontal existente co fin de reforzar a capacidade de freado e o control dos vehículos nos tramos que se atopan con este problema.

Por outra banda limparanse as marxes con motoniveladora e levarase a cabo a reapertura de cunetas, o perfilado de noiros, o varrido e a achega de material en recrecido de paseos, sen incluír a retirada de sobrantes e vertedoiro, e executarase unha marca viaria de 10 cm e outra de 15 cm con pintura acrílica e microesferas de vidro.

Por comarcas

Pontevedra: en Cotobade, na EP-0410 Igrexa-Loureiro, EP-0408 Paraños-Trabazo e EP-0409 Carballedo-Trabazo; en Pontevedra, na EP-0004 Marcón-Pintos A Reigosa; e nos concellos de Caldas-Moraña, na EP-8201 Moraña-Santa Xusta
Arousa: na EP-9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP-9005 Corbillón-Tremoedo, en Cambados;  EP-9106 Praia do Carreiro do Grove; EP-9210, acceso a Roxique, Sanxenxo; EP-9301 Dena- Couto de Abaixo, Meaño; EP-9403 Santo Tomé-San Salvador, Meis; e na EP-9703 Vilanova-Pontearnelas, en Vilanova de Arousa.
Deza: na EP-6003 Soutologo-Doade de Lalín e na EP-6203 Negrelos-Pedroso, en Rodeiro.

A importante densidade de tráfico que soportan as estradas da provincia durante todo o ano provoca que o pavimento na zona de circulación se deteriore polo continuo paso de vehículos, de aí o compromiso da Deputación por resolver os problemas que isto ocasiona e por reducir o nivel de sinistralidade na comarca.

Estes traballos, sen dúbida, redundarán nunha maior calidade de vida dos condutores que a diario circulan por estas estradas e mellorarán a seguridade viaria, sobre todo naqueles tramos onde existe un maior perigo.

4 de setembro de 2013 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.