publicidade hoxe

Solventado o foco de contaminación ao río Ontón en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalTordoia
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través dos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia, confirmaron a eliminación dun foco de contaminación ao río Ontón, pertencente á bacía do río Anllóns, ao seu paso pola parroquia de Anxeriz, no concello de Tordoia. Esta actuación foi posible logo das medidas adoitadas pola administración local tras as inspeccións efectuadas.

As actuacións que levaron á eliminación do punto de vertido, iniciáronse tras detectar os técnicos do ente autonómico irregularidades nunha estación depuradora de augas residuais de titularidade deste concello e aportes contaminantes nas analíticas realizadas no vertido procedente desta instalación, que afectaba ao río Ontón.

Tras confirmar este feito, os técnicos de Augas de Galicia levaron a cabo unha inspección ao punto con representantes deste Concello, informándolles das irregularidades detectadas e os incumprimentos con respecto á resolución de autorización de vertido, e requiriron un plan de actuacións de cara a eliminar estes aportes contaminantes no vertido.

O Concello efectuou unha serie de labores de cara a garantir o correcto funcionamento na estación depuradora e comunicaron as medidas levadas a cabo en relación a este vertido. Logo disto, os técnicos da Xunta confirmaron nunha nova inspección a eficacia de ditas medidas, e cunha nova analítica constataron o cumprimento dos límites de vertido, de maneira que a EDAR non cause afección nas augas do río Ontón.

 

30 de agosto de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.