Licítanse as obras de reparación de 11 vivendas de protección pública en Carballeda de Avia
O Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá case 200.000 euros nas obras de reparación e equipamento de 11 vivendas de protección pública en Carballeda de Avia, situadas na rúa Castelao.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se licita a execución de ditas obras, cun prazo de execución de seis meses. As ofertas poderán presentarse nun prazo de vinte seis días naturais.
As actuacións consistirán na reparación das vivendas co fin de entregalas para o seu ao uso, polo que será necesario reparar as fachadas, as cubertas, acabados reposición de elementos danados por actos vandálicos, ventilación dos forxados sanitarios e amoblamento de cociñas.