publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cambian de titularidade a prol da Capela oito treitos da estrada entre Cabanas e As Pontes de García Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaAs PontesCabanasGaliciaLocalPortada dereita
A-
A+
Treito da estrada

Treito da estrada

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade de oito treitos antigos da estrada AC-564 Cabanas (AP-9) – As Pontes de García Rodríguez (AG-64) a prol do Concello da Capela.

Os treitos transferidos abarcan unha lonxitude total de máis de 1,5 quilómetros e sitúasense nos seguintes puntos quilométricos:

PQ: 7+970 ao PQ: 8+260 Marxe esquerda.
PQ: 11+481 ao PQ: 11+671 Marxe dereita.
PQ: 13+200 ao PQ: 13+369 Marxe dereita.
PQ: 13+625 ao PQ: 13+867 Marxe esquerda.
PQ: 14+206 ao PQ: 14+772 Marxe esquerda.
PQ: 15+541 ao PQ: 15+719 Marxe esquerda.
PQ: 15+932 ao PQ: 16+030 Marxe esquerda.
PQ: 16+100 ao PQ: 16+240 Marxe esquerda.

O expediente tramitouse ao abeiro da  vixente Lei de estradas, que establece que os cambios de titularidade das estradas se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas, e que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

En aplicación da Lei de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e o Concello da Capela converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra.

29 de agosto de 2013 | 23:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.