Xunta e Concello de Aranga traballan pola aprobación provisional do seu PXOM
A secretaria xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Aranga, Alberto Platas, para axilizar a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste municipio coruñés.
O encontro de traballo que contou coa asistencia de membros do equipo redactor do PXOM serviu para expoñer os últimos detalles previos a súa aprobación provisional. Encarnación Rivas expuxo a tramitación que seguirá o documento de planeamento nos vindeiros meses, o cal deberá ser remitido á Xunta de Galicia para que Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o estude nun prazo de 3 meses, co fin de emitir a orde de aprobación definitiva.
Rivas trasladou ao alcalde a colaboración da Xunta de Galicia coa administración local, para que Aranga dispoña de un PXOM aprobado no menor prazo posible. Tamén comunicou aos asistentes que o Plan Xeral, unha vez obtido a súa aprobación definitiva, entrara en vigor tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Situación actual do planeamento
O PXOM deste municipio foi contratado no ano 2004 e conta cunhas axudas para a súa redacción duns 135.200 euros. Este Plan Xeral conta cun informe previo á aprobación inicial de abril do 2006 e dúas aprobacións iniciais dos anos 2007 e 2012.
A día de hoxe o concello da provincia de A Coruña rexese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento (NPS) vixentes dende 1985.