publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Últimas prazas para as actividades do programa “Lugoteando” na Pontenova e A Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaA PontenovaGaliciaLocalLugoProvincias
A-
A+

A Deputación de Lugo arranca esta fin de semana o Lugoteando, a programación medioambiental de actividades lúdicas e deportivas para públicos de todas as idades, que busca potenciar o medio natural como factor xerador de riqueza na provincia. Esta iniciativa, cofinanciada ó 80% por fondos europeos, desenvolverase o sábado na Pontenova e o domingo na Fonsagrada. Poderán participar 200 persoas (100 en cada municipio) de xeito totalmente gratuíto. As últimas prazas están dispoñibles en www.deputacionlugo.org. No caso de quedar localidades, os interesados tamén poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. Máis información na súa web ou en 982-26-01-47. Os menores de idade que desexen participar terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que tamén se pode descargar na citada web.

Na Pontenova, a xornada terá lugar no Pozo da Ola, o sábado de 15:00 horas ás 20:00 horas. Poderase navegar polo río en pequenas embarcaciones co calypso boat, subir en bolas acuáticas, practicar paddle surf ou esquí acuático, así como patinar na terra movendo a cadeiras cos novidosos ezy roller.

O domingo, a mesma hora e na Praza do Museo da Fonsagrada, poderase coñecer a sensación que provoca cabalgar sobre as olas cun simulador de surf. Tamén haberá ezy roller, así como segway, skates a motor ou longskates.

Outras 800 prazas

Logo das actividades na Pontenova e na Fonsagrada, a Deputación leva o Lugoteando a sete localidades máis provincia, ofrecendo gratis outras 800 prazas e sumando un total de 1.000. A programación é moi variada polo que, ademais das mencionadas actividades, tamén se ofrécese a posibilidade de facer surf, coñecer os sea scooter (un pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade), subirse ás bananas acuáticas, facer paseos en canoa ou experimentar os patinetes acuáticos a pedal. A institución mantén aberto en www.deputacionlugo.org o prazo participar sen custe algún nesta programación, co seguinte calendario:

- 3 de agosto: O Valadouro, na praza de Ferreira do Valadouro
- 4 de agosto: O Incio, na praza do Concello
- 10 de agosto: Viveiro, no Clube Náutico
- 11 de agosto: Monforte de Lemos, no parque dos Condes
- 17 de agosto: Foz, na praia da Rapadoira
- 18 de agosto: Vilalba, na área recreativa da Madalena
- 7 e 8 de setembro: Lugo, na zona recreativa fluvial dos Robles

Con fins económicos

A Deputación aposta polos recursos fluviais e litoriais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano, potenciado o turismo e o ocio medioambiental, e xerando riqueza. Esta é a 4º edición desta programación, que foi todo un éxito nas anteriores convocatorias grazas á participación de milleiros de persoas, que contribuíron a impulsar establecementos lucenses de diferente sectores (dende os de multiaventura ós da hostelería), mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

23 de xullo de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.