Medio Ambiente emite o informe previo á aprobación inicial do PXOM de Crecente

Encarnación Rivas e Julio César García-Luengo na reunión
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, mativeron unha reunión para axilizar a tramitación do plan xeral de ordenación municipal que está a redactar o concello.
O encontro de traballo, ao que tamén asitiron técnicos de ambas administracións, incluido o equipo redeactor do PXOM, serviu para analizar prormenorizadamente o contido do informe previo á aprobación inicial do PXOM Crecente que foi emitido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o pasado 10 de xullo.
Neste informe de caracter meramente urbanístico no que se estuda detalladamente a adaptación á LOUG da proposta do documento do PXOM, indícanse unha serie de cuestións relativas á necesidade de xustificación por parte da administración local, as cales deben ser incorporadas no documento antes da aprobación inicial do mesmo polo Pleno municipal. Asemade na reunión, de carácter técnico, asentáronse criterios y resolvéronse dúbidas formuladas polo equipo redactor.
Tralo encontro o alcalde de Crecente salientou que concello e equipo redactor axilizarán ao máximo a incorporación destes axustes no documento, relativos á capacidade residencial proposta e a necesidade de acreditar as previsións achegadas, así como a clasificación dalgunhas zonas respecto á LOUG, co fin de que o PXOM sexa semetido a Pleno para a súa aprobación inicial durante o verán.
Tramitación pendente
Unha vez incorporadas no Proxecto do PXOM o concello procederá a súa Aprobación Inicial polo Pleno Municipal e o expoñerá ao público durante dous meses para consultas e alegacións. Simultáneamente se solicitarán ás distintas administracións a emisión dos informes sectoriais: Augas, Estradas, Patrimonio, etc, cuxas determinacións serán incorporadas ao PXOM antes de ser aprobado provisionalmente polo Pleno Municipal e achegado á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.
Axuda de 62.400 euros
A Consellería de Medio Ambiente concedeu ao Concello de Crecente 62.400 euros en concepto de axudas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con estas subvencións o Goberno galego pretende colaborar cos municipios galegos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios.
Na acualidade o Concello de Crecente dispón dunha normas subsidiarias de planeamento aprobadas en 1994.