publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo amosou en Friol as oportunidades económicas da produción ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolGaliciaLocalLugoProvincias
A-
A+

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos inaugurou este martes o seminario gratuíto sobre produción animal ecolóxica que o organismo provincial levou a Friol co Fórmate en Verde. Santos Ramos destacou que con esta iniciativa “queremos dar conta das oportunidades económicas da produción ecolóxica, que xera beneficios de 9 millóns de euros ó ano en Lugo, situando a esta provincia á cabeza en Galicia no volume de facturación”.

Ducias de persoal coñeceron da man de expertos, como o Presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, as condicións da provincia para a produción ecolóxica de leite, carne de vacún, porcina, avícola, ovina e caprina.

Fixérono no Centro Sociocultural friolés, nunha sesión aberta ó publico e gratuíta, que a Deputación enmarcou no programa co que xera emprego e fixa poboación no rural: Fórmate en Verde.

E é que mediante este plan, máis dun milleiro de lucenses están a recibir formación e asesoramento técnico especializado, de maneira totalmente gratuíta, para crear ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible.

Ademais, ó igual que en Friol, o organismo provincial, que inviste nesta programación 1 millón de euros financiados nun 80% pola Unión Europea, celebra por toda a provincia accións de difusión en encontros profesionais, feiras e certames sectoriais, ademais de organizar xornadas informativas e obradoiros.

17 de xullo de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.