A Deputación adxudica o programa “Saúde e benestar” cun prezo de licitación de 306 euros por persoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a xestión e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar” para o ano 2013 a Viajes El Corte Inglés, cun prezo de licitación de 306,80 € por persoa.

O programa consiste en estancias de 6 días de duración nun hotel, spa ou balneario de Pontevedra, en réxime de pensión completa, uso do spa e desprazamento desde o concello.

A finalidade do programa é mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas nacidas antes de 1963, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar. Pretende reactivar a economía, apoiar un sector de grande importancia na provincia como é o da hostelería e o termalismo (sobre todo para a ocupación en temporada baixa), xerar e asegurar postos de traballo e dinamizar o turismo interior.

O número máximo de prazas ofertadas no programa é de 3.333 e o prezo de licitación é de 306,80 € por persoa, IVE incluído. A Deputación achegará 30 € por participante ata un máximo de 100.000 €. Os beneficiarios ou participantes do programa, achegarán, pola súa banda, 276,80 €.

Os establecementos onde discorrerá o programa son os hoteis e balnearios Hesperia Isla de la Toja e Norat Spa no Grove; Talaso Atlántico en Oia; Gran Talaso, Spa Oca Galatea e Carlos I Spa Silgar, os tres na localidade de Sanxenxo; Moaña Talaso Spa, en Moaña; e Torre de Deza Spa en Lalín.

Todos eles teñen a categoría de catro estrelas e os seus prezos por persoa oscilan arredor dos 24 euros (IVE incluído) o máis caro e os 185 euros (IVE incluído) o máis barato.

5 de xullo de 2013 | 22:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.