A Deputación destina á seguridade viaria da zona sur da provincia máis de 500.000 euros
A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de mellora da capa de rodaxe a través da aplicación dun tratamento antiesvarante e da reposición da sinalización horizontal existente nas estradas provinciais da zona sur.
Trátase dun proxecto que ten por finalidade reforzar a capacidade de freado e control dos vehículos que se atopan con este problema durante o traxecto. O organismo provincial destina un orzamento de 504.652 euros a este proxecto de seguridade viaria cun prazo de execución de referencia de 6 meses.
As actuacións levaranse a cabo nas seguintes estradas:
EP-0103, N-550 lagoa de Castiñeiras, tramo do p.q. 0+000 ó p. q. 5+500
EP-0104, ramal Igrexa de Figueirido, tramo do p.q. 0+000 ó p. q. 0+670
EP-1103, San Bieito-Domaio, tramos p.q. 0+000 ó p. q. 2+500
EP-1205, acceso á praia de Aguete, tramo do p. q. 0+000 ó p. q. 0+364
EP-1307, praia de Lapamán, tramo do p. q. 0+000 ó p. q. 0+195
EP-1308, praia de Lagos, tramo do p. q. 0+000 ó p. q. 0+900
EP-1309, praia de Beluso, tramo do p. q. 0+000 ó p. q. 0+500
E-P-2204 Sabarís-Belesar, tramo do p. q. 0+650 ó p. q. 1+400
EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo, tramo do p. q. 0+000 ó p. q. 1+180
EP-4305 Lougares-Piñeiro, tramo do p. q. 4+820 ó p. q. 8+980
A Deputación ten previsto tamén executar outros dous proxectos similares nas estradas da zona centro e da zona sur, cun investimento total superior ó millón e medio de euros.











