publicidade hoxe

O teatro Jofre de Ferrol acolle o vindeiro domingo día 12 a ópera “il cirque d´amore”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A compañía Butterfly  Ensemble presenta a súa ópera “Il Cirque D´amore” o domingo 12 de maio no Teatro Jofre. A obra teatral e recital musical comezará ás 18:00 horas e enmárcase dentro da programación da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel Reyes García Hurtado.

Dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico popular a través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos. Micaela, a muller barbuda do circo, limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ría dela. Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza en si mesma. Entre o repertorio musical destacan fragmentos de La bohéme, de Puccini; Il barbiere di Siviglia, de Rossini; Don Giovanni, de Mozar; ou La serva padrona, de Pergolesi.

Venda de entradas

As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do Teatro Jofre.

8 de maio de 2013 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.