publicidade hoxe

Arredor de 200 corredores e corredoras participan no Trofeo Ciclista Concello de Carballo o sábado 25 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoDeportesLocal
A-
A+
Presentación do evento deportivo

Presentación do evento deportivo

O Club Ciclista Carballo-Placasa organiza un ano máis o Trofeo Concello de Carballo, que conta coa colaboración da administración local. Vanesa Loureiro, presidenta da entidade, explica que arredor de 200 corredores e corredoras de toda Galicia participan nesta proba xa consolidada dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo e que leva celebrándose máis de 20 anos. Está previsto que compitan ciclistas de categorías principiante, alevín, infantil, cadetes, femias e júnior repartidos en diferentes lugares, horarios e percorridos. Repartiranse un total de 27 trofeos elaborados en olería de Buño, co obxectivo de “promocionar a artesanía galega e da zona”, en verbas de Loureiro. A cita é o sábado 25 de maio a partir das 15.30 horas en que comeza a proba coa saída dos júnior da Praza do Concello. A presidenta do Club Ciclista Carballo-Placasa subliña que esta cita está organizada “con moita ilusión”, xa que serve para conmemorar o 25 aniversario da entidade, e anunciou que está previsto que Carballo acolla tamén o 20 de xullo o Campionato Galego de categorías femias, cadetes e júnior, xa que “á Federación Galega gustoulles o percorrido”. En todo o ano, Galicia celebra tan só tres probas con presenza de femias, e dúas delas terán lugar en Carballo da man do Club.

23 de maio de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.