publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta tramitará o plan de sectorización do parque empresarial Valadouro-Alfoz para responder ás necesidades da zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaO Valadouro
A-
A+
Agustín Hernández co rexedor de Valadouro

Agustín Hernández co rexedor do Valadouro

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, abordou esta mañá co alcalde do concello lucense do Valadouro, José Manuel Lamela Piñeiro, os avances na tramitación do parque empresarial Valadouro- Alfoz. Fase I.

O conselleiro de Medio Ambiente trasladou ao rexedor municipal que unha vez que dende o concello se aprobe de xeito definitivo a modificación puntal da normativa urbanística en vigor para recoller o plan de sectorización do polígono empresarial, a Xunta de Galicia encargará de inmediato a modificación do plan de sectorización para adaptalo ás necesidade reais do concello e da comarca en materia de solo industrial.

Agustín Hernández indicou que ao mesmo tempo se abrirá o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial par que os interesados en instalarse neste parque empresarial poidan facer a reserva de solo.

O conselleiro de Medio Ambiente tamén se comprometeu a iniciar o desenvolvemento do parque no momento en que estea acreditada unha demanda dun 30%, tal e como se establece na normativa da Xunta sobre parques empresariais.

O parque empresarial de Valadouro- Alfoz terá unha superficie total de 118.300 m2. A urbanización deste parque empresarial implica un investimento de máis de 3,5 millóns de euros e contará con 58 parcelas industriais.

16 de maio de 2013 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.