publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A ópera infantil “il cirque d´amore” conxuga música clásica e teatro en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaFerrolLocal
A-
A+

O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, presentou o espectáculo de ópera infantil “Il Cirque D´amore” que este domingo 12 acollerá o Teatro Jofre ás 18:00 horas. O edil estivo acompañado pola soprano Victoria Álvarez Acón, o barítono Miguel Abalo  Castex e o director Pepablo Patinho. A actuación enmarcase dentro da programación cultural do Concello de Ferrol.

A obra teatral e recital musical da compañía Butterfly Ensemble ofrecerá un repertorio operístico popular a través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos. Victoria Álvarez interpretará a Micaela, unha muller barbuda con baixa autoestima que traballa no circo e que coa axuda de Pierrot -o pianista José Manuel Yáñez- foxe e coñece a Figaro -Miguel Abalo-, un barbeiro todo que dará a Micaela confianza en si mesma.

Na súa intervención, o edil de Cultura convidou “a que pais e nais asistan cos seus fillos para que comecen a gozar da música clásica”. Así mesmo, recoñeceu que nos últimos anos este tipo de música está dirixida ao público adulto, pero que coa actuación deste domingo “esperamos que comece a achegarse este xénero musical aos máis pequenos” dixo.

Pola súa banda, o director Pepablo Patinho explicou que “a obra conxuga o circo, un elemento atractivo para o público infantil, e un amor máis aló dunha atracción física, un namoramento do día a día”. No que atinxe ao repertorio musical, a soprano explicou que “escollemos as áreas e dúos que  máis puideran atraer aos nenos e que se axeitara mellor á escenificación das óperas”. Os fragmentos operísticos populares pertencen ao clasicismo ou romanticismo entre outros estilos, entre os que destacan La bohéme, de Puccini; Il barbiere di Siviglia, de Rossini; Don Giovanni, de Mozar; ou La serva padrona, de Pergolesi. “O importante é que os máis pequenos sintan o espectáculo” salientou Victoria Álvarez.

Venda de entradas

As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do Teatro Jofre.

10 de maio de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.