publicidade hoxe

Medio Ambiente finaliza os traballos de conservación do río Barragán en Fornelos de Montes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFornelos de MontesGaliciaLocal
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de finalizar os traballos de conservación e mellora do río Barragán, en Fornelos de Montes. Concretamente, actuouse na contorna da ponte que comunica os lugares de Moscoso e Pardalongas, ademais de retirarse madeira no lugar de Xunqueira, ao seu paso por este concello pontevedrés.

Estas tarefas de mantemento executáronse nun treito de máis de 800 metros e contaron cun orzamento de case 5.000 euros. Estes traballos están enmarcados no programa de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Os traballos centráronse na retirada da madeira caída no leito do río Barragán. O tramo solicitado inicialmente ampliouse tanto cara augas abaixo como cara arriba e ademais no lugar de Xunqueiras tamén se retiran árbores a petición dos membros da comunidade de montes.

8 de abril de 2013 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.