publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Hernández inaugura as obras da depuradora de Avión, cunha inversión de 750.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónGaliciaLocal
A-
A+

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta mañá o compromiso do Goberno galego co saneamento da provincia de Ourense, que se traduce en mais de 14 millóns de investimento en actuacións que están na actualidade en marcha.

Hernández inaugurou esta mañá as obras da nova estación depuradora de augas residuais de Avión, nas que a Xunta investiu máis de 750.000 euros, e que tamén implicou a construción dunha nova rede de colectores xerais.

O conselleiro declarou que a mellora da calidade das augas e a redución dos vertidos é un obxectivo estratéxico do actual Goberno e que se demostra nos proxectos, como o da mellora do saneamento de Avión. Unha actuación que inclúe a posta en marcha dunha nova Edar para 1.250 habitantes, que substituirá á vertedura en tres fosas sépticas, como se realizaba ata o de agora, o que non cumpría cos obxectivos de calidade esixidos pola Directiva 91/271 da UE.

Tamén destacou que o vindeiro mes de agosto comezarán as obras da nova depuradora de Ourense, unha instalación moderna, con capacidade para 350.000 habitantes e que conta cun orzamento de 49 millóns de euros, dos que a Xunta achega o 21%, 10 millóns de euros.

Recordou que o pasado xoves o Consello da Xunta autorizaba o convenio entre Augas de Galicia, o concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras de mellora do saneamento do Pereiro de Aguiar, cun orzamento total de 1,5 M€, dos que a Xunta asume un 20% (300.000)

Hernández adiantou que o Consello da Xunta autorizará nas vindeiras semanas a sinatura do convenio para a mellora do saneamento de San Cibrao das Viñas, xunto co concello e a Confederación do Miño. Este proxecto, no que a Xunta aporta cas un millón de euros, ten un orzamento total de 3,5.

Por último, lembrou que na actualidade están en marcha outras actuacións de mellora do saneamento nos concellos de Melón, Xinzo, Cortegada, Verín e Rubiá que poderán estar adxudicadas antes do verán.

Depuradora de Avión

Esta actuación realizouse en base a un acordo entre a Administración autonómica e local, no que se determinaron as bases para a execución das obras precisas que permitiran mellora o saneamento e depuración de varios núcleos do concello ourensán de Avión, mediante a demolición de fosas sépticas, unificando a rede de colectores e tratando as verteduras nunha estación depuradora de nova construción.

O conselleiro de Medio Ambiente recordou a necesidade de levar a cabo esta obra hidráulica xa que o Concello de Avión tiña un sistema de saneamento moi deteriorado, debido basicamente á súa antigüidade. A rede de saneamento, separativa, atopábase en moi mal estado de conservación, vertendo a tres fosas sépticas incapaces de cumprir os obxectivos de calidade esixidos pola Directiva 91/277 da Comunidade Europea.

Os traballos que se executaron foron, entre outros, a reposición dun colector de fecais ao que se conectaran tres ramais. Ademais, na localidade de Cendóns, colocouse un colector de 720 metros, unido á rede existente, e en Beresmo, levouse a cabo dous treitos de colectores de 166 e 272 metros en tubaxe.

Por outra parte, demoléronse as fosas sépticas que recollen as augas residuais dos veciños de Avión e dos núcleos de Beresemo, Portocarro e Cendóns e executouse un colector que transporta as augas por gravidade ata a nova estación depuradora. A nova EDAR de Avión dispón dun bombeo de auga bruta e peneira de compactación. Esta infraestrutura prefabricada con aireación, prolongada para 1.250 habitantes, posúe unha arqueta de toma de mostras, un colector de vertedura e un by-pass planta. Cómpre sinalar que o proxecto tamén incluíu a reposición de servizos e pavimentos afectados pola realización das obras hidráulicas necesarias. Os beneficiarios desta actuación son os máis de 2.600 habitantes do Concello de Avión.

Agustín Hernández destacou que, mediante os investimentos neste tipo de obras, o Goberno galego pretende resolver as carencias en infraestruturas nos concellos galegos, realizando especial fincapé naqueles que dispoñen duns orzamentos insuficientes. Deste xeito, proporciónanse as ferramentas necesarias para o desenvolvemento económico deste municipio, mellorando a calidade de vida dos cidadáns.

Melloras en Pena Corneira, no concello de Leiro

O conselleiro de Medio Ambiente tamén visitou as inmediacións de do monumento natural de Pena Corneira, no Concello de Leiro, onde se están a executar unha serie de actuacións para mellorar os hábitats naturais e a prevención de incendios, así como o acondicionamento de rutas. Unhas accións que se executan a cargo dun convenio de colaboración asinado entre o Goberno galego e a Obra social de ‘La Caixa’, e que ten un investimento de case 64.000 euros para o caso concreto de Pena Corneira, e de máis de 350.000 euros, no conxunto das actuacións de mellora nos espazos naturais recollidos na Rede Natura 2000, así como outras redes ecolóxicas de protección.

A finalidade é lograr uns sistemas ecoloxicamente máis valiosos e estables no territorio da comunidade autónoma galega. Así, en Pena Corneira se repara e conserva o mobiliario existente mediante a reposición de pezas e táboas rotas ou defectuosas, lixa e aplica lasur (imprimación protectora) sobre elementos de madeira, repara o peitoril do Miradoiro coa reposición de barrotes e os chanzos de acceso ao miradoiro, coloca e repara os indicadores de dirección e orientación e paneis informativos.

Outros dos traballos previstos consisten no acondicionamento de estanques na explanada de acceso á área de lecer: limpeza, baleirado e colocación de muro perimetral de protección con cachotes de pedra granito das canteiras da zona e a mellora e saneo da explanada, mediante a colocación de tubaxe de drenaxe de recollida de augas subterráneas que anegan a zona na época de chuvias.

15 de abril de 2013 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.